Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Brión celebra mañá venres un magosto con chocolate con churros de balde na carballeira de Santa Minia


O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, organiza este venres 25 de novembro o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 19:00 horas na carballeira de Santa Minia. Unha festa na que tanto as castañas como o chocolate con churros serán totalmente de balde para todos os asistentes.

En previsión de mal tempo, o Concello de Brión habilitará unha capa na carballeira de Santa Minia. Os veciños e veciñas que participen no magosto tamén poderán desfrutar coas actuacións musicais das Escolas Municipais de Música e Baile Tradicional de Brión.